BNG da cidade da Coruña
BNG da cidade da Coruña
Novas
EMM 2

Pola revitalización da Escola Municipal de Música

O BNG olla con gran preocupación desde hai tempo a deriva de precarización que está a atravesar a Escola Municipal de Música da cidade. Tal situación, trasladada ao Grupo municipal nacionalista por diferentes membros da comunidade educativa deste centro, no que cursan estudos unhas 600 persoas, motivou que o pasado mes de maio a concelleira Avia Veira dirixira ao goberno municipal unha batería de preguntas escritas. 
Ler novas
Vídeo
Visita as e os traballadores en folga en Nostián

Visita as e os traballadores en folga en Nostián

Francisco Jorquera e Avia Veira trasladaron a solidariedade do BNG ao cadro de persoal da planta de tratamentos de residuos. Máis unha vez, a formación nacionalista instou o Goberno Local a que aplique o prego de condicións da concesión e interveña directamente a planta, para garantir o servizo á veciñanza coruñesa e a salvagarda dos dereitos das e dos traballadores.
Ler novas