A ORGANIZACIÓN NACIONALISTA ANUNCIA QUE PRESENTARÁ INICIATIVAS PLENARIAS PORQUE ENTENDE QUE NON SE PODEN CONSENTIR OS DÉFICITS DE SEGURIDADE QUE SE DAN NESTA INSTALACIÓN MUNICIPAL

O BNG apoia as reivindicacións dos traballadores do elevador do Monte de San Pedro, que hoxe inician unha folga indefinida

20210803_105916
20210803_105916

“O Goberno Local ten que implicarse no seguimento deste contrato e na aplicación de todas as medidas de seguridade que reclaman os traballadores”, sinalan desde o Grupo Municipal do BNG

O BNG apoia as reivindicacións dos traballadores do elevador do Monte de San Pedro, que hoxe inician unha folga indefinida

Esta mañá Avia Veira reuniuse cos empregados do servizo de mantemento do elevador do Monte de San Pedro, que hoxe iniciaban unha folga indefinida para reivindicar a retirada das sancións impostas pola empresa e a solución aos problemas de seguridade que ten esta instalación municipal.

“Que se deixen de luces e de fervenzas: o elevador cando está parado non está consignado, non hai plan de evacuación para as persoas que montan no elevador nin para os traballadores, fallos nos cables, sistemas de aperturas de portas que deixan os traballadores expostos ao baleiro, falta de medios para faceren as comprobacións axeitadamente son algúns dos problemas de seguridade que os traballadores que puxeron en coñecemento do Concello da Coruña mais a empresa no canto de solucionalos, sancionou os traballadores”, sinala Avia Veira.

O Goberno Local, recalcan desde o BNG, ten que actuar xa, debe implicarse e polo tanto ser dilixente nas súas exixencias de seguridade á empresa porque estamos a falar de problemas de seguridade nunha instalación municipal que afectan aos traballadores que hoxe están en folga mais tamén a toda persoa que suba ao elevador.

Así pois, desde o Grupo Municipal do BNG anuncian que presentarán iniciativas para demandar que o Goberno Local que faga o seguimento necesarios a este contrato, que lle exixa a posta en marcha das medidas de seguridade reivindicadas polos traballadores así como o cumprimento dos dereitos laborais das traballadoras e dos traballadores.

O BNG apoia as reivindicacións dos traballadores do elevador do Monte de San Pedro, que hoxe inician unha folga indefinida