APÓS O ESTUDO DA DOCUMENTACIÓN EXIXIDA POLO BNG

Visto o expediente, o BNG detecta graves irregularidades e trato de privilexio ao portavoz do Goberno Local

Finalmente, e após prosperar o recurso de reposición interposto o BNG puido acceder aos expedientes urbanísticos relativos ao inmóbel situado no número 96 da avenida do Exército 
Visto o expediente, o BNG detecta graves irregularidades e trato de privilexio ao portavoz do Goberno Local

A inscrición como vivenda no rexistro da propiedade dun inmóbel que era oficina e cuxa licenza para ese cambio a tal altura non estaba solicitada, a pretensión de colar nunha comunicación previa un cambio de uso, a constatación de que se realizaron as obras sen ter a correspondente licenza, o incumprimento das ordes de paralización das obras, o incumprimento dos prazos estabelecidos nas notificacións, como exceder nun mes o prazo para entregar o proxecto básico vinculado á licenza, a insólita axilidade coa que se lle concedeu a licenza, o feito de que a licenza lla concedese a Dirección de Área de Urbanismo son algunhas das graves irregularidades que detectou o Bloque Nacionalista Galego na vista do expediente do inmóbel do número 96 da Avenida do Exército propiedade do concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage Tuñas.

A organización nacionalista considera que todas estas irregularidades revelan un trato diferencial e unha actitude pouco exemplar do responsábel último e titular da propiedade: o concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage Tuñas. É por iso que o Grupo Municipal do BNG lle pedirá explicacións no vindeiro pleno ordinario.

Visto o expediente, o BNG detecta graves irregularidades e trato de privilexio ao portavoz do Goberno Local