Novas
O Goberno Local "mirará con lupa" as deficiencias denunciadas por Avia Veira no Servizo de Socorrismo
02/xul./2020
“Investigaremos as queixas” e “miraremos con lupa” o funcionamento do servizo de socorrismo do Concello, dixo este tarde no Pleno a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, ao ser interpelada por Avia Veira en relación ao deficiente funcionamento do Servizo de Socorrismo municipal, de titularidade pública mais xestionado desde 2012 por concesionarios privados.