TAMÉN A NEGOCIACIÓN PARA CONSEGUIR A TRANSFERENCIA AO CONCELLO DOS COMPLEXOS DEPORTIVOS DA XUNTA

Jorquera demanda que se estude a viabilidade da xestión directa das instalacións deportivas municipais

centro deportivo
Centro Deportivo do Castrillón
O BNG vai defender no Pleno deste xoves 2 de xullo que o Concello estude a viabilidade da xestión directa das instalacións deportivas municipais, nomeadamente do Centro Deportivo do Castrillón e do Complexo Deportivo Municipal de San Diego, e que ao mesmo tempo inicie un proceso de negociación coa Xunta para conseguir a transferencia dos complexos deportivos da Xunta na cidade, isto é, Elviña, A Sardiñeira e Agra I.
Jorquera demanda que se estude a viabilidade da xestión directa das instalacións deportivas municipais

Este é o contido dunha emenda que o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, formula a unha moción conxunta rexistrada polo grupo municipal do PP e polo mixto. Será o propio voceiro nacionalista quen a defenda no Pleno, axendado para este xoves a partir das 10 horas.

Jorquera demanda que se estude a viabilidade da xestión directa das instalacións deportivas municipais