Novas
Sen data para a demanda sobre a Casa Cornide: Celemín di agora que Buonarroti empregou 8 anos na Capela Sixtina
02/xuño/2022
Michelangelo Buonarroti empregou 4 anos en pintar os frescos da bóveda da Capela Sixtina, entre 1508 e 1512, e Francisco Jorquera preguntoulle hoxe ao concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, se o Goberno Local demoraría máis en presentar a demanda para recuperar a titularidade da Casa Cornide, espoliada durante a ditadura franquista.