Novas
O BNG aproba o modificativo, mais con críticas á falta de planificación e a decisións como deixar sen convenio a Feira do Libro
27/xul./2023
O grupo municipal do BNG votou esta mañá a prol do orzamento modificativo que se se someteu a consideración nun Pleno extraordinario, mais ao mesmo tempo, por boca do seu portavoz Francisco Jorquera, formulou críticas sobre o que cualificou como falta de previsión orzamentaria por parte do Goberno Local e sobre aspectos relativos á política cultural, entre outros a decisión de deixar sen convenio a Feira do Libro.