Novas
Jorquera acusa Vueling de romper o convenio co Concello ao suprimir os voos a Londres
20/ago./2020
“Estamos ante unha rotura unilateral das condicións do convenio co Consorcio de Turismo por parte de Vueling”, considera o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, ao coñecer que a compañía decidiu suprimir os voos a Londres desde Alvedro no que resta de ano.