infraestruturas
Novas
Imaxe da situación no interior da Escola Municipal de Música

Pingueiras na Escola Municipal de Música

Trasladamos ao próximo Pleno unha iniciativa na que nos interesamos polo deterioro deste edificio

Constatamos a aparición de pingueiras nos andares interiores deste edificio e xa anunciamos que solicitaremos a inclusión de investimentos nos orzamentos municipais de 2019 para a reforma e modernización das instalacións

Tendo en conta de que se achega o inverno e, por conseguinte, a época de chuvias, demandamos actuacións inmediatas, alén da colocación dun cubo para as pingueiras, xa que a situación é insostíbel, tanto para as persoas traballadoras da instalación como para as persoas usuarias e o alumnado da Escola

Ler novas
Novas
Exterior da Estación de Autobuses no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros

A situación da Estación de Autobuses poderíase ter evitado

Lembramos que foi o propio Goberno da Marea Atlántica quen desestimou unha das nosas emendas aos orzamentos municipais 2018 para a reparación do pavimento da Estación de Autobuses

Presentaramos a proposta dunha partida de 100.000 euros despois de recoller as queixas de varias persoas usuarias que a aquela altura xa tiñan indicado o estado do deterioro de varias plataformas da estación

Cada día que pasa se evidencia máis que as nosas propostas estaban debidamente xustificadas. Agora o investimento para a reparación superará olgadamente a reparación, cando nós faciamos unha proposta para que isto non chegara a acontecer. Lamentamos profundamente o trastorno que se vai a producir  tantos ás usuarias e aos usuarios da Estación como aos profesionaisdo transporte público mentres permanezan pechadas as plataformas dos buses

Ler novas
Novas
Estado no que se atopan varios tramos das beirarrúas do barrio de Novo Mesoiro

Barrios sen atender malia as constantes advertencias: doutra volta Novo Mesoiro

Levamos novamente ao Pleno a situación de deterioro das beirarrúas do barrio de Novo Mesoiro

Xa preguntamos en setembro do ano pasado sobre a situación de varios tramos das beirarrúas da rúa Ribeira Sacra, a rúa Fragas do Eume e da avenida de Novo Mesoiro, e esiximos o seu amaño ao estar nun estado deplorábel desde finais do verán

Non entendemos por que o Executivo local, tendo coñecemento polas nosas iniciativas e polas numerosas queixas da veciñanza, non realiza estas actuacións de mantemento; como se pode ver polas fotos que achegamos na propia iniciativa existen tramos de beirarrúas totalmente levantadas, co lousado retirado, roto, deteriorado ou mesmo xa desaparecido. E son varios tramos ao longo de todo o barrio, que se se tivesen amañado cando fixemos a primeira notificación, a estas alturas, estarían en perfecto estado

Ler novas
Novas
Imaxe dunha das protestas en contra das peaxes na AP-9 organizadas por compañeiras e ccompañerios do BNG

Por que nos seguen subindo o prezo da autopista?

Levaremos a Pleno unha moción contra a subida de peaxes na AP-9

Entre outras propostas, demandamos que o Pleno da corporación inste a Xunta de Galiza a que cumpra os acordos do Parlamento galego e demande do Goberno do Estado a transferencia da AP-9 á administración galega

Levamos demandando desde fai anos que se tomen medidas para que a AP-9 sexa unha vía de comunicación galega, de competencia do Goberno galego para rematar coas deficiencias da xestión, as tarifas abusivas e os incrementos constantes de peaxes. E o ano pasado, o Parlamento de Galiza, por unanimidade das forzas políticas, aprobou a 'Proposición de Lei  Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza', que foi remitida ao Congreso para a súa tramitación e aprobación final

Ler novas
Novas
Xosé Luís Rivas Mini e Vitoria Louro, xunto coas concelleiras e cos concelleiros da comarca, diante do Santiago Apóstolo coa Ría do Burgo ao fondo

Propoñemos investimentos para sanidade, servizos sociais, educación, infraestruturas e para a Ría do Burgo

Presentamos as nosas alegacións aos Orzamentos da Xunta de Galiza fronte ao Centro Santiago Apóstolo como símbolo do abandono e dos recortes nos servizos públicos do Partido Popular á fronte do Goberno galego

Segundo o noso parlamentario Xose Luis Mini Rivas “Os orzamentos da Xunta de Galiza responden a un modelo neoliberal e procuran a consolidación dos recortes mais fronte a iso a alternativa do BNG reflectida nas nosas emendas pasa pola defensa dos servizos públicos como ensino, a sanidade ou os servizos sociais mais tamén pola creación de emprego de calidade”

Vitoria Louro, a nosa responsábel comarcal, denunciou que os orzamentos da Xunta de Galiza marxinan a comarca da Coruña e a cidade da Coruña malia ser unha das zonas máis poboadas do país e un dos seus motores económicos

Ler novas