ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Pingueiras na Escola Municipal de Música
Trasladamos ao próximo Pleno unha iniciativa na que nos interesamos polo deterioro deste edificio
Constatamos a aparición de pingueiras nos andares interiores deste edificio e xa anunciamos que solicitaremos a inclusión de investimentos nos orzamentos municipais de 2019 para a reforma e modernización das instalacións
Tendo en conta de que se achega o inverno e, por conseguinte, a época de chuvias, demandamos actuacións inmediatas, alén da colocación dun cubo para as pingueiras, xa que a situación é insostíbel, tanto para as persoas traballadoras da instalación como para as persoas usuarias e o alumnado da Escola
Vimos de presentar esta mañá unha iniciativa (que podes descargar premendo aquí) na que nos interesamos polo deterioro do edificio da Escola Municipal de Música, xa que logo, nos últimos días se ten constatado a aparición de pingueiras nos andares interiores da instalación.
Deste xeito, e a través das denuncias formuladas por persoas usuarias da escola municipal, que nos achegaron fotos do interior do edificio, e onde se pode observar este deterioro provocado polas chuvias dos últimos días, o noso Grupo Municipal xa avanza que solicitará a inclusión de investimentos nos orzamentos municipais de 2019 para a reforma e modernización das instalacións, que de non se incluíren, serán propostas en forma de emendas ao proxecto.
Asemade, demandamos ao Executivo local a tomar cantas medidas sexan necesarias para paliar a situación actual que está a afectar ao normal desenvolvemento da actividade do centro, polo que instamos na nosa iniciativa a unha actuación de urxencia.
Tendo en conta de que se achega o inverno e, por conseguinte, a época de chuvias, demandamos actuacións inmediatas, alén da colocación dun cubo para as pingueiras, xa que a situación é insostíbel, tanto para as persoas traballadoras da instalación como para as persoas usuarias e alumnado da Escola.