VAINA DEFENDER JORQUERA NO PLENO DESTE XOVES 3X

Unha iniciativa para o Concello sumar a súa voz contra as peaxes nas autovías

autovia

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai defender este xoves no Pleno do Concello unha moción contra o establecemento de peaxes nas autovías de titularidade estatal.

Unha iniciativa para o Concello sumar a súa voz contra as peaxes nas autovías

Jorquera argumentará que a imposición de portaxes é unha medida socialmente regresiva ao establecer "barreiras económicas" ao acceso a servizos básicos como son as infraestruturas viarias, incrementará a inseguridade viaria (ao desprazar a automobilistas ás estradas convencionais, onde hai un maior índice de sinistros) e representa un atranco para o desenvolvemento económico da Galiza.

A iniciativa tamén pon o foco na Xunta da Galiza. En concreto, o BNG insta o Goberno galego a que deixe libre de peaxes a AG-55 "polo agravio que supón para as persoas residentes e para as empresas das comarcas polas que transcorre".

Na exposición de motivos desta moción, argúe Jorquera que un dos motivos que leva o Goberno do Estado a colocar peaxes nas autovías é facer caixa despois do dispendio que lle supuxo á Administración central o rescate das ruinosas autoestradas madrileñas. "Agora a factura quérennola pasar a nós", di o voceiro nacionalista.

 

Unha iniciativa para o Concello sumar a súa voz contra as peaxes nas autovías