Acabaremos o mandato sen o Plano de Inclusión Social
Lamentamos que o Goberno municipal siga adiando a elaboración do Plan de Inclusión Social
Desde o comezo de mandato levamos reclamando a elaboración dun Plano de Inclusión, e o intento de onte de aprobar a través da Fundación de Emalcsa unha externalización por valor de 25.000 euros só evidencia a indiferenza do Executivo da Marea Atlántica a respecto da inclusión na cidade. Corresponde ao Goberno municipal a través da Área de Xustiza Social facelo, e seguiremos exixindo que se acometa canto antes
Consideramos inexplicábel isto: [sic] …Ben, por que non hai unha dotación orzamentaria dentro do noso proxecto para un plan de inclusión local? Porque non o imos externalizar, porque se vai facer directamente con persoal que temos traballando na Área de Xustiza Social e Coidados. E mire, se este goberno tivera previsto elaborar un plan de inclusión social de cara á galería, obviamente xa o teriamos feito, porque é ben sinxelo redactar estas medidas, unha diagnose e catro obxectivos nun papel, pero nós queremos facer as cousas ben, queremos facer as cousas con seriedade e con rigor e como vostede ben sabe, o proceso de elaboración dun plan de inclusión social require, en primeiro lugar, a elaboración dunha diagnose e nesas estamos, estamos traballando nesa diagnose (Extracto da acta do Pleno municipal celebrado o 11 de febreiro de 2016 coa intervención da concelleira de Xustiza Social Silvia Camean)
Preguntámonos por que non se elabora un convenio coa Universidade da Coruña para que elabore este Plano, tal e como se aprobou no modificativo de crédito M3/2017