A Consulta Popular debe ser realizada independentemente do encargo á Asesoría Xurídica
Cremos fundamental realizar a Consulta Popular independentemente do encargado á Asesoría Xurídica do Concello e apostamos porque a pregunta que se faga á veciñanza sexa concreta e que se formule claramente a devolución gratuíta de terreos
Advertimos que o informe encargado por alcaldía para trazar “unha folla de ruta” para levar a cabo a consulta non debe converterse nun proceso que enguedelle ou adíe sine die o referendo popular
A Autoridade Portuaria ten amosado en múltiples ocasións que nin respecta nin agarda polo Concello da Coruña, que ten os seus propios intereses e que non participa do interese xeral para co pobo da Coruña. Insistimos en que non cabe negociar nada e que se debe esixir a devolución de balde. Así o dixemos na Asemblea Cidadá, non coma o Goberno municipal que calou e ocultou a súa intención de negociar, nun exercicio de hipocrisía do que deberá dar conta a todas as entidades que participamos naquela asemblea. É por iso que agardamos que o informe que encargou o alcalde non sexa outra estratexia de enguedellar e adiar as tomas de decisións aos que nos ten acostumado