Novas
Que o Festival Wake Up&Dream se realice onde non cause impacto acústico nin na veciñanza nin na natureza
18/abr./2024
Tendo en conta ás molestias causadas en 2023 á veciñanza e á contaminación acústica sufrida tamén pola flora e a fauna do Espazo Natural de Interese Local das Illas de San Pedro, o grupo municipal do BNG considera que a edición 2024 do festival de música electrónica Wake UP&Dream non se debe realizar no Parque de Bens.