Aproban Xunta e Concello a realización do festival Wake up and Dream nun espazo ambientalmente protexido?
Nese ENIL habitan especies de fauna e flora que obviamente se van ver afectadas por una acontecemento musical que vai producir picos de entre 120 e 150 decibelios, argumenta a tamén concelleira. O nivel de ruído é mais que considerábel, tendo en conta que “os durmidoiros de aves mariñas non deben superar os 55 decibelios”.
Alén dos decibelios, acrecenta, a contorna tamén se vai ver atinxida “polas luces que van acompañar este festival” e pola “mobilidade e presenza dos milleiros de persoas que van acudir ao Parque de Bens neses días”.
Na batería de preguntas ao Goberno galego, Queixas quer saber que grao de colaboración ten a Xunta na realización deste evento e como avalía que se vaia realizar “ao carón dun ENIL como son as Illas de San Pedro”.
Inquire a deputada e concelleira se o Concello da Coruña ten comunicado á Xunta o feito de que este acontecemento musical vaia ter lugar nun espazo protexido. “Entende a Xunta que o Wake UP Dreams cumpre co Plan de Conservación do ENIL das Illas de San Pedro?”, interroga Queixas, ao tempo que se interesa por coñecer “que accións vai executar o Goberno Galego para protexer esta contorna e evitar os efectos sobre o medio natural, a fauna e a flora que se deriven da realización do festival”.
Este mesmo asunto foi obxecto dunha pregunta por escrito ao Goberno Local por parte do noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera.