dereitos-fundamentais
Novas
Momento da reunión que mantiveron parte do cadro de persoal de Ferrovial e a nosa concelleir Avia Veira

O Goberno da Marea desaparecido ante a vulneración de dereitos laborais de Ferrovial

Denunciamos o pasotismo da Marea Atlántica diante dos incumprimentos graves en materia laboral por parte de Ferrovial nos Servizos Complementarios das Instalacións Deportivas Municipais que repercuten na súa calidade

Xuntámonos esta mañá cunha representación do Comité de Empresa de Ferrovial nos Servizos Complementarios das Instalacións Deportivas Municipais que sinalaron prácticas empresariais que van contra os dereitos das traballadoras e dos traballadores: como o desconto de días de asuntos propios ou o pagamento de horas extras como incentivos motivos polos que lles deron a razón na Inspección Laboral ou a irregularidade nos horarios ou os incumprimentos acerca dos acordos para a xestión da bolsa de traballo

As traballadoras e os traballadores non demandan máis que o que se lle debe de exixir a calquera Goberno Municipal, máis cando este se gaba de alternativo, progresista ou rebelde: que defenda unhas condicións laborais dignas para as persoas que traballan nun servizo público -por moito que estea xestionado por unha empresa- fronte aos abusos das empresas, que garanta un servizo de calidade e que xestione, xa que a empresa está a prestar o servizo fóra de contrato desde agosto de 2016, e aínda non se sabe se se vai sacar a concurso de novo ou como se vai xestionar a futuro

Ler novas
Novas
Vista exterior das instalacións deportivas municipais de Riazor (piscina e pavillón deportivo)

O Concello non dá amparo a unha traballadora á que lle vulneran os seus dereitos laborais unha empresa con contrata municipal

Amosamos a nosa indignación pola manifesta inacción da concelleira de Igualdade diante da vulneración do dereito de conciliación dunha muller traballadora dos Servizos Complementarios das Instalacións Deportivas Municipais

É unha tomadura de pelo que os que supostamente chegaron para mudalo todo sexan quen de, por unha banda, non recibir a un Comité de Empresa diante dunha solicitude de cita para tratar un incumprimento dun dereito recoñecido de conciliación a unha traballadora dunha empresa que xestiona un servizo municipal e, por outra, repetir o argumento empregado polo Goberno do Sr. Negreira e polo Partido Popular de que non se trata de persoal do Concello da Coruña senón que é unha cuestión que deben resolver as traballadoras e os traballadores coa súa propia empresa

Ler novas
Novas
Momento dunha das concentracións realizadas esta mañá diante dos centros de chamadas de Agrela

O sector do telemarketing volve estar en loita

Solidarizámonos coas persoas despedidas das empresas DXC Technology e Teleperformance

Participamos de sendas concentracións realizadas esta mañá diante destas empresas polos despedimentos que nas últimas semanas teñen realizado

No caso de DXC Technology, á antigua HP, dáse a circunstancia que os despedimentos son de persoas que levaban na máis de 28 anos traballando para a empresa e cuxo único delito foi ter unhas condicións laborais adquiridas ao longo destas case tres décadas de traballo, procedendo agora a empresa a substituílas por persoal de ETTs, ou subcontratas, sen dereitos, sen convenios e con salarios moi inferiores

Ler novas
Novas
Un dos momentos da concentración diante do edifico proa

O telemarketing segue a ser obxecto de explotación, emprego precario e vulneración de dereitos

Participamos da mobilización convocada polo cadro de persoal de Extel

Débese impedir a modificación substancial colectiva das condicións laborais que pretende realizar a empresa e que, de efectivizarse, afectará a 334 traballadoras e traballadores na Coruña, dun total de 857 persoas afectadas no Estado

A concentración volveu poñer de releve a situación do sector, obxecto de explotación laboral, emprego en precario e vulneracións constantes dos dereitos fundamentais e que emprega a case 3.000 persoas na nosa cidade

Ler novas