O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, compareceu esta mañá perante os medios –acompañado da delegación negociadora da formación nacionalista, Avia Veira, Mercedes Queixas, Ermitas Valencia e Keina Espiñeira- para avaliar as conversas tidas co grupo socialista e o novo escenario político en María Pita.
A Asemblea Local do BNG da Coruña –que se realizou este serán nun ateigado salón de actos do Centro Cívico da Cidade Vella- aprobou por amplísima maioría, cunha soa abstención, o Acordo de Investidura ao que se chegou co grupo municipal socialista.
Após o primeiro encontro das delegacións do BNG e do PSOE, a concelleira electa nacionalista Avia Veira remarca que “A Coruña espera de nós diálogo e acordos e, desde logo, polo BNG non vai quedar”.
A primeira reunión entre delegacións do BNG e do PSOE para garantir a gobernabilidade no Concello da Coruña vai ter lugar este xoves, anunciou Jorquera en comparecencia de prensa.
No andar superior da Cafetaría Macondo, os portavoces do BNG no Congreso e no Concello -Néstor Rego e Francisco Jorquera, respectivamente- ofreceron unha conferencia de prensa para dar conta do traballo realizado polo Bloque no Congreso nesta lexislatura en relación á cidade e á comarca da Coruña. Jorquera remarcou a importancia que tería a consecución dun "grupo galego forte" para a defensa dos intereses coruñeses no Parlamento estatal.
Este sitio usa cookies propias e de terceiros para desenvolver información estatística e amosar publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise da súa navegación. Mais detalles >