O GRUPO SOCIALISTA SOLICITOU O ENCONTRO APÓS O BNG PEDIRLLE QUE DESE O PRIMEIRO PASO

Jorquera anuncia unha primeira reunión co PSOE para este xoves

FJ
Jorquera, con Néstor Rego
A primeira reunión entre delegacións do BNG e do PSOE para garantir a gobernabilidade no Concello da Coruña vai ter lugar este xoves, anunciou Jorquera en comparecencia de prensa.
Jorquera anuncia unha primeira reunión co PSOE para este xoves

Horas despois de o portavoz do BNG pedirlle ao PSOE que dese o primeiro paso para establecer conversas -dado que é Inés Rey quen precisa os votos nacionalistas para ser investida alcaldesa-, o grupo socialista dirixiuse ao Bloque para lle propor a realización dun primeiro encontro.

A xuntanza vai ter lugar o xoves, o día despois da realización este mércores (19.30 horas, Hotel Atlántico) da Asemblea Local do BNG en que a nosa militancia avaliará os resultados electorais e o novo escenario político que o 28X deixa na Coruña, caracterizado por unha formación nacionalista que se tornou na forza decisiva e determinante da vida municipal.

 

Jorquera anuncia unha primeira reunión co PSOE para este xoves