A Asemblea Local do BNG aproba por amplísima maioría o Acordo de Investidura
O texto do Acordo de Investidura será asinado este xoves 14 de xuño ás 10 horas, no salón azul do Pazo de María, por ambos grupos municipais e, en concreto, en representación do BNG, por Avia Veira, integrante –canda Mercedes Queixas, Ermitas Valencia e Keina Espiñeira- da delegación da formación nacionalista que participou nas conversas co PSOE.
Este mesmo xoves, e para avaliar o resultado desas conversas e o novo escenario que se abre en María Pita, comparecerá ante os medios o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera. Será, nunha conferencia de prensa, ás 12 horas no Hotel Zenit.