Avia Veira: "A nosa intención é garantir a gobernabilidade do Concello"

Delegación negociadora -Keina Espiñeira, Avia Veira, Mercedes Queixas- co PSOE do Acordo de Investidura 2023
Após o primeiro encontro das delegacións do BNG e do PSOE, a concelleira electa nacionalista Avia Veira remarca que “A Coruña espera de nós diálogo e acordos e, desde logo, polo BNG non vai quedar”.
Avia Veira: "A nosa intención é garantir a gobernabilidade do Concello"

“A nosa intención é, como xa anunciamos, garantir a gobernabilidade do Concello e imprimirlle un cambio de rumbo, tendo sempre en conta que o diálogo se produce entre dúas forzas políticas distintas”, engadiu.

A seguinte reunión entre as dúas delegacións está fixada para o vindeiro 13 de xuño, tamén no Pazo de María Pita, a partir das 9.30 horas.

 

Avia Veira: "A nosa intención é garantir a gobernabilidade do Concello"