concellaría
Novas
Estado no que se atopan varios tramos das beirarrúas do barrio de Novo Mesoiro

Barrios sen atender malia as constantes advertencias: doutra volta Novo Mesoiro

Levamos novamente ao Pleno a situación de deterioro das beirarrúas do barrio de Novo Mesoiro

Xa preguntamos en setembro do ano pasado sobre a situación de varios tramos das beirarrúas da rúa Ribeira Sacra, a rúa Fragas do Eume e da avenida de Novo Mesoiro, e esiximos o seu amaño ao estar nun estado deplorábel desde finais do verán

Non entendemos por que o Executivo local, tendo coñecemento polas nosas iniciativas e polas numerosas queixas da veciñanza, non realiza estas actuacións de mantemento; como se pode ver polas fotos que achegamos na propia iniciativa existen tramos de beirarrúas totalmente levantadas, co lousado retirado, roto, deteriorado ou mesmo xa desaparecido. E son varios tramos ao longo de todo o barrio, que se se tivesen amañado cando fixemos a primeira notificación, a estas alturas, estarían en perfecto estado

Ler novas
Novas
Exterior da Estación de Autobuses no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros

Vulneración de dereitos laborais nunha obras para a Concellaría de Mobilidade

Tamén interesámonos pola denuncia efectuada sobre as condicións laborais nas obras de acondicionamento da estación de autobuses

Presentamos unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno ordinario para que o Goberno municipal aclare que medidas tomará despois das sendas denuncias efectuadas diante da Inspección de Traballo

Neste mandato non é a primeira vez que o Grupo Municipal do BNG se dirixe ao Goberno municipal notificándolle graves incumprimentos en materia de Seguridade Laboral por empresas que reciben contratas municipais. Queremos de vez que o Goberno municipal sexa vixilante coas empresas que contrata, faga seguimento das actuacións que estas levan a cabo e lles obrigue a cumprir escrupulosamente coa normativa en Prevención de Riscos Laborais, Saúde laboral e que cumpran cos dereitos das traballadoras e dos traballadores

Ler novas