Os datos da Concellaría de Servizos Sociais ratifican a perda de calidade na prestación @s usuari@s

Os datos da Concellaría de Servizos Sociais ratifican a perda de calidade na prestación @s usuari@s

centro cívico de eirísA Coruña, 27 de xuño de 2014- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a propia Concellaría de Servizos Sociais recoñece de xeito implícito a perda de calidade da atención aos usuarios e usuarias á vista das cifras que recolle a memoria de xestión desta área correspondente a 2013. E é que o informe reflicte que hai máis cantidade de traballo con menos traballadores e traballadoras e con menos recursos económicos e vén ratificar que a centralización dos servizos sociais nos centros cívicos e a eliminación da persoa de referencia nestes ía empeorar a prestación e ía acabar co seguimento personalizado a cada usuario e usuaria.

Así, o informe de xestión revela que no Servizo de Información, Valoración e Orientación (SIVO), centralizado desde o pasado ano en só tres centros cívicos, había 40 traballadoras municipais no 2012 e tan só había 31 traballadoras municipais no 2013. E estas 31 profesionais realizaron un total de 13.259 entrevistas no 2013, mentres que as 40 profesionais de 2012 realizaron 11.359 entrevistas, o que supón que no 2012 cada traballadora fixo 283,9 entrevistas ao ano e no 2013 cada traballadora fixo 427,7. Isto significa que as profesionais se viron na obriga de “facer máis con menos”, coa correspondente merma da calidade na prestación ás persoas usuarias.

2012                              2013

Nº persoal municipal                         40                                  31

Nº entrevistas realizadas                 11.359                            13.259

Nº entrevistas profesional/ano         283,97                            427,7

 

Denuncias das traballadoras sociais

A concelleira do BNG María Xosé Bravo salienta que as cifras da memoria de xestión casan coas denuncias efectuadas polas traballadoras sociais, das que se fixera eco o Bloque a principios deste ano, nas que advertían da perda de calidade na prestación do servizo desde a centralización dos servizos en tres centros cívicos.

Nun informe ao que tivera acceso o BNG, as traballadoras sociais recollían o seguinte: “hai demora no trámite porque desde a implantación das Unidades de Atención Social (UAS), ou sexa, desde a centralización do SIVO (Servizo de Información, Valoración e Orientación) en tres UAS, a empresa aumentou o número de citas a realizar por cada traballador/a sociais, pasando de 18 a 31 citas á semana. Un incremento de máis do 72% da carga do traballo. Dito doutra forma, agora hai máis dun 72% máis de asuntos a tramitar en menos tempo, pois o horario asinado oficialmente para a tramitación diminuíu. Cómpre lembrar que no Plan de Calidade no SIVO recóllese que a atención dos traballadores sociais de SIVO á semana é de 18 citas”.

Os datos da Concellaría de Servizos Sociais ratifican a perda de calidade na prestación @s usuari@s