Novas
A veciñanza continúa sen saber cando comezarán as obras de rehabilitación das Casas de Franco
21/mar./2024
Alén do chamado proxecto de reurbanización do espazo público da Área de Rehabilitación e Rexeneración Urbana do Ventorrillo-Casas de Franco -contestado pola veciñanza e cun recente mandato do Pleno para o Goberno Local o consensuar coas persoas afectadas- fican pendentes as obras de rehabilitación dos edificios e vivendas comprendidas nesa zona.