UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA
A veciñanza continúa sen saber cando comezarán as obras de rehabilitación das Casas de Franco
É por isto que o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vén de rexistrar unha pregunta por escrito para saber cando ten previsto o Goberno Local que se inicien as obras de rehabilitación da devandita área.
As obras vanas financiar o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Ministerio de Vivenda.
Jorquera asina esta iniciativa porque “aínda que as persoas titulares das vivendas afectadas xa abonaron as taxas estipuladas o 27 de xaneiro de 2022, continúan sen ter información de cando se iniciarán estas obras de rehabilitación”.
Canto ao proxecto de reurbanización do espazo público -asunto que o BNG levou ao Pleno a principios deste mes-, Jorquera remarca que o Goberno Local ten que consensuar coa veciñanza “melloras no proxecto destinadas a garantir a accesibilidade universal na área de intervención, coa eliminación de barreiras e dos perigos relacionados co illamento visual”.