III MARCHA CÍVICA POLA RECUPERACIÓN DA CASA CORNIDE

Tres anos despois, volvemos clamar: que nos devolvan o roubado!

III Marcha Cívica Casa Cornide
O BNG participou este sábado 5 de novembro na III Marcha Cívica pola Recuperación da Casa Cornide, representado, canda un nutrido grupo de militantes e simpatizantes, polo seu voceiro no Concello Francisco Jorquera e a súa deputada Mercedes Queixas.
Tres anos despois, volvemos clamar: que nos devolvan o roubado!

“Un dos primeiros acordos que adoptou o Pleno do Concello neste mandato, e precisamente a instancias do BNG, foi instar o Goberno Local a que iniciase as accións legais para a recuperación da Casa Cornide”, lembrou Jorquera, en alusión á moción aprobada pola Corporación en setembro de 2019.

“Máis de tres anos despois, o Concello continúa sen facer os deberes e continúa pendente a presentación da demanda”, denuncia Jorquera.

A Xunta tampouco o fixo mellor. “Iniciou o expediente de declaración do palacete como BIC, mais aínda non concluíu unha tramitación que dificultaría calquera intento dos Franco de vender a casa”, alega o voceiro nacionalista.

Marcha 2
Carmen Polo e Francisco Franco, en apuros

“Nin o Goberno Local nin a Xunta de Galiza están a cumprir cos seus deberes. Instámolos, por tanto, a que actúen xa en defensa do interese público, visando a restitución ao patrimonio municipal dun palacete que, non o esquezamos, chegou a albergar a sede do Concello”, conclúe.

Na marcha -convocada por Defensa do Común e apoiada por 122 colectivos- o BNG portou unha faixa en que se lía a lenda “A Casa Cornide é do pobo”.

 

 

Tres anos despois, volvemos clamar: que nos devolvan o roubado!