Un rogo para se reparar o firme de beirarrúas en Novo Mesoiro
O evidente estado de deterioración que presentan varias beirarrúas de Novo Mesoiro leva o BNG a lle formular un rogo escrito ao Goberno Local para que desde o Concello se adopten as medidas precisas para arranxar esta situación
28 abr. 2022 - 14:16
A falta de mantemento do firme é especialmente notoria nas zonas de acceso a garaxes. Estamos –afirma o noso voceiro, Francisco Jorquera, autor da iniciativa- ante deficiencias que “non só provocan molestias a veciños e veciñas, senón que mesmo representan un perigo para os peóns”.