Avia Veira presidirá Participación e Educación e Cultura
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego vai asumir a presidencia de dúas comisións no concello da Coruña: a de Participación e Calidade Democrática e a de Educación e Cultura.
11 set. 2019 - 12:02
En ambos casos será a concelleira Avia Veira quen se poña á fronte destas comisións. No pasado mandato o BNG só presidía unha, a de Honras e Distincións.