O BNG presenta unha moción para o concello se posicionar contra a deslocalización de R
Coa moción o BNG persegue que se garanta que os servizos de operación e mantemento da rede –recentemente adxudicados por R Cable e Euskatel a unha empresa chinesa cuxo centro de operacións se sitúa en Asturias- continúen a seren prestados “desde territorio galego”, a asegurar tamén “que a atención ao cliente se siga dando en galego”.
O Bloque demanda, de por parte, que o goberno municipal se dirixa a R Cable e a Euskaltel para que “senten a negociar coas traballadoras e traballadores afectados e se reverta a situación”. Caso de as compañías non atenderen este requerimento, o goberno local debería “revisar a situación destas empresas como fornecedoras de servizos para o concello da Coruña”.A pretensión inicial do BNG era que esta moción fose asinada conxuntamente por todos os grupos con presenza en María Pita. As reticencias expresadas por Ciudadanos impediron o acordo e levaron o BNG a que finalmente asuma en solitario a defensa do texto. As nacionalistas confían en obter o apoio da maioría da corporación.