A Xunta paga tarde a cota do Ofimático e nin sequera paga todo o que debe
A Coruña, 21 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG considera quenin o Goberno municipal nin a Xunta de Galiza teñen motivos paracelebrar con tanta euforia o pago da cota do Ofimático, xa que a Xuntade Galiza paga tarde, un ano e medio despois, e, para máis, non pagatodo o que lle corresponde legalmente.
Así, as nacionalistas denuncian o incumprimento clamoroso da Xunta deGaliza e a actitude cómplice e tolerante do Goberno do Sr. Negreira,que non esixiu que a Xunta de Galiza cumprira as súas obrigas. De feito, a liquidación do orzamento municipal de 2012 constata que oConcello prevía ingresar, en concepto de cotas de urbanización doOfimático, entre elas, a da Xunta, 9 millóns de euros e só recadoupouco máis de 45.000 euros; é dicir, un ridículo 0,5%.
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG considera que o Sr. Negreiradebería ser máis prudente e discreto na súa satisfacción,precisamente, pola vergoña que resulta dun pagamento tardío eincompleto e pola actitude tolerante ante o incumprimento da Xunta deGaliza. As nacionalistas emprazan o Goberno municipal a esixirlle aoGoberno de Feijóo que pague o que debe.