Solicitamos restaurar os danos causados en Santo Amaro polo temporal de febreiro
Vimos de trasladar unha iniciativa pola que se insta á reparación e a rehabilitación dos danos causados no Camposanto de Santo Amaro por un temporal en febreiro deste ano.
Presentamos unha iniciativa para a reparación dos danos causados polo temporal de febreiro no Camposanto de Santo Amaro
Pregúntamonos como é posíbel que transcorridos case cinco meses desde que o temporal causara os danos no cemiterio aínda non se recolleron os cascallos e restos de pedrería que seguen ciscados na entrada principal.
Sinalamos na iniciativa que o forte temporal que sufriu a cidade da Coruña e a súa área de influencia, durante a fin de semana do 13 e 14 de febreiro deste ano, causou numerosas incidencias e danos e provocou a caída de numerosos elementos á vía pública, entre outros, valados, polas, partes de tellados e mesmo árbores, e, entre eles, o olmo centenario que existía ao carón da porta principal do Camposanto de Santo Amaro.
Preguntamonos como é posíbel que despois de case cinco meses aínda estean ciscados restos de pedrería na entrada principal do cemiterio
Pasados xa máis de catro meses, case cinco desde entón, aínda seguen ciscados polo medio do propio Camposanto os restos dos danos causados pola caída da árbore, e aínda non se realizou ningunha obra de reparación e restauración dos danos causados.
Deste xeito, preguntámoslle ao Goberno municipal por que non se ten realizado, pasados xa máis de catro meses, ningunha actuación para a reparación dos danos causados no Camposanto de Santo Amaro, para cando se van realizar as obras de reparación e restauración dos danos.
Por último tamén queremos que o Executivo local nos aclare se ten pensado recoller, por mor do potencial risco que supón, os restos de cantería e pedrería ciscados polas escaleiras de acceso principais e cando pensa facelo.
A Coruña, 6 de xullo de 2016