O PP privatiza as hortas urbanas, grava o seu uso e impide o acceso @s menores de 65 anos

O PP privatiza as hortas urbanas, grava o seu uso e impide o acceso @s menores de 65 anos

A Coruña, 22 de novembro de 2012.- A concelleira nacionalista Ermitas Valencia acusa o Goberno municipal de disuadir a cidadanía do uso das hortas urbanas que se localizarán en Novo Mesoiro. E é que van ser de xestión privada, estarán restrinxidas aos maiores de 65 anos e estarán gravadas con 50 euros en concepto de cota de inscripción e con 25 euros mensuais polo seu uso. Impídeselles, así, o acceso a todas as persoas que, nomeadamente na Agra do Orzán, están a mobilizarse para promover hortas para o autoconsumo, e renúnciase ao enriquecemento interxeneracional, xa que o colectivo ao que se destinan as hortas será só o das persoas xubiladas. Deste xeito, o Goberno municipal deixa en papel mollado a moción aprobada en Pleno por unanimidade no mes de xullo.

Valencia critica que o Goberno do Sr. Negreira impida o acceso ao cultivo das persoas con menos recursos, ao facerlles pagar 50 euros pola inscrición e 25 euros ao mes. Trátase, advirte a nacionalista, dunha práctica mercantilista, recadatoria e de lecer que renuncia á autoxestión e a plantarlle cara ao urbanismo desenfreado.

Hortas para ricos: o afán privatizador de Negreira lévao a privatizar as hortas

Na mesma liña, a concelleira do BNG pregúntase como é posíbel que o Goberno municipal cobre 50 euros máis 25 euros mensuais cando a iniciativa "Hortas na cidade dos barrios", que opera en Feáns, só cobra 20 euros anuais para cubrir os custos das hortas. "É inconcebíbel que unha iniciativa cidadá que valeu un total de 3.000 euros cobre 20 euros anuais polas hortas e que, á vez, o Goberno municipal pretenda cobrar 25 euros ao mes máis os 50 euros de inscrición", salienta.

As hortas para ricos do Goberno do Sr. Negreira contrastan coas hortas accesíbeis a toda a cidadanía do Concello de Santiago, onde o seu uso é, completamente, de balde. "O Sr. Negreira preferiu tirar do exemplo de Valladolid, con hortas para xubilados e cunha xestión privada, en vez de tirar da iniciativa de Feáns, de 20 euros anuais e abertas a toda a cidadanía, ou das hortas urbanas do Concello de Santiago, cun custe 0 e tamén abertas a toda a cidadanía", indica. "O afán da privatización de Negreira lévao a privatizar até as hortas", lamenta Valencia, quen salienta o éxito da iniciativa de Feáns e de Compostela, cunha participación masiva da veciñanza de todas as idades.

O orzamento: unha fraude. Mentres o proxecto da cidadanía en Feáns valeu 3.000 euros, o proxecto do Goberno municipal custará 172.000

Por último, Valencia advirte de que o orzamento do Goberno municipal para as hortas urbanas é "unha auténtica fraude". É que mentres a iniciativa da cidadanía en Feáns custou un total de 3.000 euros, o proxecto encargado polo Goberno do Sr. Negreira custará 171.849,82 euros (IVE incluído).

 

Proxecto das hortas de lecer en Novo Mesoiro. Fonte: www.coruna.es

http://coruna.es/servlet/Satellite?argIdioma=es&c=Page&cid=1207119949154&itemID=1353463931227&itemTemplate=Portal-SelectivoProceso-Detalle&itemType=Contenido&mostrarCaducados=si&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&paginaID=1207119949154

RESUMEN DEL PRESUPUESTO:

01.- ACCIONES PERIMETRALES 7.702,06 €

02.- MOV. DE TIERRAS Y ACONDICIONAMIENTO 21.973,99 €

03.- CERRAMIENTO DE PARCELAS 22.380,80 €

04.- OBRAS DE SANEAMIENTO 27.501,62 €

05.- ABASTECIMIENTO DE AGUA 2.997,20 €

06.- VIALES 2.461,43 €

07.- EQUIPAMIENTO 10.601,07 €

08.- EQUIPAMIENTO DE USOS MÚLTIPLES 23.200,00 €

09.- ESTUDIO BÁSICO DE SEGURIDAD Y SALUD 3.564,55 €

10.- ESTUDIO DE GESTIÓN DE RESIDUOS 0,00 €

PRESUPUESTO DE EJECUCION MATERIAL 122.382,72 €

13% Gastos Generales 15.909,75 €

6% Beneficio Industrial 7.342,96 €

PRESUPUESTO BASE DE LICITACIÓN 145.635,44 €

18% IVA 26.214,38 €

PRESUPUESTO TOTAL DE OBRA 171.849,82 €

 

 

O PP privatiza as hortas urbanas, grava o seu uso e impide o acceso @s menores de 65 anos