Logo dos cambiazos no PXOM para beneficiar intereses e negocios privados, tocaba facer caixa
A Coruña, 23 de outubro de 2014.- Logo dos cambiazos no PXOM para beneficiar intereses e negocios privados, tocaba facer caixa vendendo a concesión. Un negocio que vén propociado polo cambiazo de dotacional público a dotacional privado do PXOM aprobado definitivamente polo Partido Popular, axustando así o planeamento xeral a intereses privados e económicos moi concretos. Este cambiazo foi un dos motivos polo que o BNG presentou un recurso contencioso administrativo ante os tribunais contra o PXOM, ao considerar improcedente o cambio de cualificación da titularidade (de pública a privada) da superficie dos terreos da Solana.
Os cambiazos no PXOM
O BNG lembra que o cambiazo en cuestión atinxiu á calificación prevista inicialmente de dotacional público, que co PXOM aprobado definitivamente polo Partido Popular pasou a dotacional privado.
Así, no PXOM aprobado inicialmente en decembro de 2009 a superficie figuraba como dotacional público. Tal calificación cámbiase no PXOM aprobado provisionalmente en agosto de 2012, en que a superficie aparece calificada como dotacional privado, mantendose así no PXOM aprobado definitivamente.
Un dos motivos do BNG para impugnar o PXOM ante os tribunais foi este cambio improcedente na cualificación da titularidade (de pública a privada) da superficie dos terreos da Solana
O BNG lembra que un dos motivos polo que recorreu o PXOM ante os tribunais é precisamente este cambiazo improcedente na cualificación da titularidade (de pública a privada) da superficie dos terreos da Solana. Entre outros motivos porque non se acredita en ningún momento, nin nos informes municipais nin na memoria do PXOM as razóns de interese pública asociadas á potestade de planeamento que poidan xustificar o cambio de cualificación de ditos terreos (de dotacional público a dotacional privado) que contempla o PXOM aprobado definitivamente, moito menos cando, como é o caso, tanto no PEPRI vixente como no documento do PXOM aprobado inicialmente a superficie dos terreos figuraban como dotacional público.
A modificación da calificación urbanística (de dotacional público a dotacional privado) de case trinta mil metros cadrados esixiría unha mínima xustificación, asociada ao obrigado interese público da mesma; interese público que non debe corresponderse co interese patrimonial do propietario dos terreos, con independencia de que dito propietario (neste caso a Autoridade Portuaria de A Coruña) sexa do sector público.