O Goberno municipal gasta 57 veces máis hortas municipais (172.000€) que nas de Feáns (3.000€)

O Goberno municipal gasta 57 veces máis hortas municipais (172.000€) que nas de Feáns (3.000€)

A Coruña, 23 de novembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG considera un roubo á cidadanía que o Goberno do Sr. Negreira dilapide 171.849,82 euros en construír as hortas municipais de Novo Mesoiro, máxime tendo en conta que a penas 1 km de distancia, existen unhas hortas urbanas xa en funcionamento que tiveron un custe de 3.000 euros; é dicir, 57 veces menos que as hortas municipais.

Ademais, os nacionalistas critican que as hortas municipais de Novo Mesoiro sexan xestionadas por unha empresa privada e que teñan un custo de 25 euros ao mes e de 50 euros en concepto de cota de inscrición. Pola súa banda, as hortas de Feáns, impulsadas pola iniciativa cidadá e autoxestionadas, teñen un custo simbólico de 20 euros anuais.

Á vista destes datos, o BNG cualifica de vergoñenta a actidude do Goberno municipal que no canto de apoiar procesos xa en funcionamento e cun custo de xestión até 57 veces menor ou no canto de apoiar movementos sociais para o fomento das hortas, como o da Agra do Orzán, dilapide diñeiro público con iniciativas moitísimo máis custosas e xestionadas por unha empresa privada.

 

Sen acceso ás persoas menores de 65 anos e ás desempregadas

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG critica que o Goberno do Sr. Negreira, tal e como reflicten as cláusulas do contrato, impida o acceso ao cultivo das persoas menores de 65 anos e das persoas en situación de desemprego, xa que só lle permitirá o uso ás persoas maiores de 65 anos e ás persoas xubilidas, renunciando así á relación interxeneracional da cidadanía da Coruña e deixando en papel mollado a moción aprobada en Pleno por unanimidade en xullo de 2012.

Na mesma liña, os nacionalistas critican que o Sr. Negreira impida o acceso ao cultivo das persoas con menos recursos, ao facerlles pagar 50 euros pola inscrición e 25 euros ao mes. É por iso que se opoñen a esta práctica mercantilista, recadatoria e de lecer que renuncia á autoxestión e a plantarlle cara ao urbanismo desenfreado.

 

http://coruna.es/servlet/Satellite?argIdioma=es&c=Page&cid=1207119949154&itemID=1353463931227&itemTemplate=Portal-SelectivoProceso-Detalle&itemType=Contenido&mostrarCaducados=si&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&paginaID=1207119949154

RESUMEN DEL PRESUPUESTO:

01.- ACCIONES PERIMETRALES 7.702,06 €

02.- MOV. DE TIERRAS Y ACONDICIONAMIENTO 21.973,99 €

03.- CERRAMIENTO DE PARCELAS 22.380,80 €

04.- OBRAS DE SANEAMIENTO 27.501,62 €

05.- ABASTECIMIENTO DE AGUA 2.997,20 €

06.- VIALES 2.461,43 €

07.- EQUIPAMIENTO 10.601,07 €

08.- EQUIPAMIENTO DE USOS MÚLTIPLES 23.200,00 €

09.- ESTUDIO BÁSICO DE SEGURIDAD Y SALUD 3.564,55 €

10.- ESTUDIO DE GESTIÓN DE RESIDUOS 0,00 €

PRESUPUESTO DE EJECUCION MATERIAL 122.382,72 €

13% Gastos Generales 15.909,75 €

6% Beneficio Industrial 7.342,96 €

PRESUPUESTO BASE DE LICITACIÓN 145.635,44 €

 

18% IVA 26.214,38 €

PRESUPUESTO TOTAL DE OBRA 171.849,82 €

O Goberno municipal gasta 57 veces máis hortas municipais (172.000€) que nas de Feáns (3.000€)