A candidatura do BNG-Asembleas Abertas representa #TodasAsCoruñas e o compromiso coa loita social
A Coruña, 26 de marzo de 2015- A asemblea aberta celebrada na tarde de hoxe aprobou por aclamación os nomes das persoas que forman parte do segundo tramo da listaxe e que completan a candidatura coa que o BNG-Asembleas Abertas se presentará ás eleccións municipais de maio. A pluralidade, a renovación e o compromiso coa loita social en defensa das clases populares caracterizan a totalidade da candidatura do BNG-Asembleas Abertas, encabezada polo profesor de Dereito da UDC e actual portavoz do BNG no Concello, Xosé Manuel Carril. A listaxe escollida é un reflexo de #TodasAsCoruñas, das moitas Coruñas que existen fóra da Coruña acomplexada, snob, elitista e excluínte do Partido Popular.
Ao igual que no primeiro tramo que foi proposto en asemblea aberta o 20 de novembro de 2014-, este segundo tramo inclúe persoas de referencia no BNG e persoas independentes (non militantes do Bloque), todas elas activistas que encarnan as distintas loitas sociais na defensa das persoas maltratadas e empobrecidas pola crise. Os nomes elixidos na asemblea aberta foron os seguintes Manolo Vázquez (membro da plataforma de emigrantes retornados); Silvia Cristina Pereira (veciña do poboado da Pasaxe); Djiby Fall: migrante senegalés; Raquel Olveira (desempregada do telemárketing); Raúl Fernández (enxeñeiro Informático, técnico da Fegamp especialista en Administración Local e TICs e responsábel local do BNG); María Calvo (ensinante xubilada); David Soto (investigador en Dereito Procesual e activista social como membro de Esculca); Mercedes Queixas (profesora e escritora); Cheikh Faye (migrante senegalés e vendedor ambulante); Iolanda Naia (empregada do sector do Marketing e das RRSS e activista feminista); Iago Barcia (estudante de Filoloxía galega da UDC e activista do movemento estudantil nacionalista); Saleta Seixo (desempregada do sector do comercio téxtil); Julio Moskowich (traballador de Alcoa, empresa na que é delegado sindical); Beatriz Gómez Amigo (fundadora e primeira presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e membro de colectivos que traballan no ámbito da discapacidade); David Pena (avogado laboralista na CIG) e Manolo Monge (mestre xubilado, sociólogo, escritor e concelleiro do BNG no Concello da Coruña de 2003-2007). Pecha a candidatura un referente do nacionalismo: Pilar García Negro, membro do BNG desde a súa constitución, deputada no Parlamento de Galiza durante case tres lustros, profesora da UDC, ensaísta, entre outras moitas facetas salientábeis no seu dilatado e intenso labor como nacionalista galega.
A candidatura do BNG-Asembleas Abertas xurdiu logo dun proceso de asembleas abertas en que se propuxeron nomes e perfís para conformar a listaxe nacionalista. A raíz do proceso Construíndo futuro, incorporáronse á candidatura persoas non militantes do BNG baixo a garantía de diálogo, transparencia e cohesión, para vertebrar A Coruña cunha idea de país.
Na asemblea que tivo lugar esta tarde, ademais de aprobar a candidatura, acordáronse as principais liñas programáticas e proxectáronse os vídeos gravados por Carril no marco da campaña #TodasAsCoruñas.
Esta é a candidatura do BNG-Asembleas Abertas
1. Xosé Manuel Carril: Doutor en Dereito. Profesor titular do Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UDC. Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña.
2. María Xosé Bravo: Profesora de Ensino Secundario. Concelleira do BNG no Concello da Coruña.
3. Marisol Mirás: Traballadora da UDC e activista no movemento feminista e veciñal. Independente.
4. Avia Veira: Filóloga. Concelleira do BNG no Concello da Coruña.
5. Anxo Sánchez: Mozo informático en desemprego e activista xuvenil.
6. Suso Bermello: Profesor de Ensino Secundario e sindicalista da CIG-Ensino.
7. Isabel Risco: Actriz
8. Fernando Souto: Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
9. Tino Fernández: Traballador do sector do telemárketing e delegado sindical da CIG en Teleperformance. Independente.
10. María Seijo. Traballadora da sanidade pública, activista da Plataforma SOS Sanidade Pública e presidenta da Xunta de Persoal do CHUAC.
11. Manolo Vázquez: Membro da plataforma de emigrantes retornados.
12. Silvia Cristina Pereira: Veciña do poboado da Pasaxe. Independente.
13. Djiby Fall: Migrante senegalés. Independente.
14. Raquel Olveira: Desempregada do telemárketing.
15 Raúl Fernández: Enxeñeiro Informático, técnico da Fegamp especialista en Administración Local e TICs e responsábel local do BNG
16. María Calvo: Ensinante xubilada.
17. David Soto: Investigador en Dereito Procesual e activista social.
18. Mercedes Queixas: Profesora e escritora.
19. Cheikh Faye: migrante senegalés no desemprego.
20. Iolanda Naia: Empregada do sector do Marketing e das RRSS e activista feminista.
21. Iago Barcia: Estudante da UDC e activista do movemento estudantil nacionalista
22. Saleta Seixo: Desempregada do sector do comercio téxtil
23. Julio Moskowich: Traballador de Alcoa, empresa na que é delegado sindical pola CIG.
24. Beatriz Gómez Amigo: Fundadora e primeira presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Comarca da Coruña, membro de colectivos que traballan no ámbito da discapacidade.
25. David Pena: Avogado laboralista na CIG
26. Manolo Monge: Mestre xubilado, sociólogo, escritor e concelleiro do BNG no Concello da Coruña de 2003-2007.
27. Pilar García Negro: Membro do BNG desde a súa constitución, deputada no Parlamento de Galiza durante case tres lustros, profesora da UDC, ensaísta.