Bravo: "Faremos un plano de lectura e abriremos unha biblioteca de Novo Mesoiro"
A Coruña, 12 de maio de 2015.- O BNG-Asembleas Abertas debullou esta mañá ante os medios de comunicación as propostas en materia de libro e lectura. Fíxoo a través de María Xosé Bravo, número 2 da candidatura, que nunha libraría da cidade anunciou que o BNG-Asembleas Abertas desenvolverá unplano da lectura con todos os axentes implicados (librarías, escritoras e escritores, bibliotecas, centros de ensino )así como un plan de bibliotecas que garanta o acceso de toda a veciñanza a servizos bibliotecarios de calidade. Tamén anunciou que o BNG-Asembleas Abertas abrirá unha biblioteca en Novo Mesoiro e que o Concello da Coruña se declarará insubmiso contra o canon bibliotecario.
En declaracións aos medios, a número 2 da candidatura, que parafraseou o escritor Xavier P. Docampo cando dixo que a lectura é un traxe que lle senta ben á alma e faina máis fermosa, sinalou que fronte ao que fai o PP, que tratou a toda costa de pechar a biblioteca veciñal de Monte Alto, alá onde temos responsabilidade de goberno o BNG traballa para colocar a lectura en todos os ámbitos da vida, para achegar os libros e a lectura a todos os contextos e para incrementar hábitos lectores.
Reivindicou Bravo que o futuro do libro está vencellado ao futuro das librarías independentes (ou culturais) e das bibliotecas públicas. Sobre isto, apuntou que a libraría é o ecosistema do libro, sendo unha entidade comercial e unha institución cultura de proximidade e a biblioteca é a primeira institución cultural de cada comunidade local; de aí, esa unión tan íntima entre librarías e bibliotecas.
Entre as actuacións que desenvolverá o BNG-Asembleas Abertas no goberno, María Xosé Bravo traballarco obxectivo posto da existencia dunha única rede únicade Bibliotecas Públicas da cidade e facer das bibliotecas a porta de acceso a todos os servizos de información da Coruña e espazos de opinión abertos a toda a xente, de modo que se promova o pensamento e a análise sobre diferentes temas de actualidade. Tamén anunciou que o BNG-Asembleas Abertas porá en marcha iniciativa Somos Barrio, co fin de crear un organismo estábel de colaboración nos barrios entre as bibliotecas, os servizos sociais, os centros cívicos e as entidades da zona. Deste xeito, apuntou, poremos en valor e aproveitaremos os recursos económicos e humanos cos que conta cada barrio na procura da mellor calidade de vida da veciñanza.
Colaboración entre libreiros e libreiras e elaboración dun mapa de librarías
Na mesma liña, a número 2 do BNG-Asembleas Abertas apostou por potenciar as programacións dirixidas á posta en valor dos autores e autoras galegas e anunciou que o BNG-Asembleas Abertas apoiará o desenvolvemento de estratexias de colaboración entre os libreiros e libreiras, dirixidas á elaboración dun mapa de librarías da Coruña. Tamén se incrementará o investimento para a compra de libros e para as actividades culturais na biblioteca, informou María Xosé Bravo, quen sinalou que o programa do BNG tamén recolle a necesidade de estabelecer unha biblioteca en Novo Mesoiro.
Por último, María Xosé Bravo fixo unha comparativa entre o feito polo BNG en materia de Cultura de 2007 a 2011 departamento da que era responsábel- e o feito polo PP nestes catro anos. Co BNG, triplicouse o espazo da biblioteca do Castrillón e realizouse unha renovación e modernización completa; abriuse unha nova biblioteca nos Rosales (con bebeteca); renovouse completamente a biblioteca do Fórum e ampliouse sala infantil (con bebeteca); tamén se renovou a biblioteca de Monte Alto e a de Estudos Locais; deixouse lista para abrir en xullo de 2011 a biblioteca do Ágora (que o PP tardou máis de seis meses en abrir) e puxéronse en marcha importantes campañas comoA cidade que le. Pola contra, subliñou, o único que fixo o PP foi tratar de pechar a biblioteca veciñal de Monte Alto, retirándolle o convenio á asociación veciñal, e dedicou menos cartos á compra de libros.