O BNG denuncia que o PP omitiu no BOP a posibilidade de recorrer as últimas ordenanzas aprobadas

O BNG denuncia que o PP omitiu no BOP a posibilidade de recorrer as últimas ordenanzas aprobadas

A Coruña, 19 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a publicación no BOP do 11 de agosto de 2014 das últimas ordenanzas municipais aprobadas de forma definitiva no Concello da Coruña non ofrece recurso, que sería o contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). Trátase das ordenanzas dos procedementos para a intervención e control na execución de obras, implantación de instalacións, actividades ou servizos, de protección contra a contaminación acústica e das condicións da implantación de usos vinculados coa hostalaría, ocio e comercio, precisamente, as que máis benefician o Sr. Cañete.

As nacionalistas, que non entenden que non figure expresamente no BOP que contra as ordenanzas caiba a posibilidade de recorrer, sinalan que semella que o Partido Popular ten medo a que lle recorran estas últimas normativas.

O BNG compara estas tres ordenanzas definitivas coa publicación no BOP nese mesmo 11 de agosto de 2014 do anuncio da aprobación definitiva da modificación da Ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Moeche, onde se ofrece recurso expresamente "Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio." E isto, que non figura nas tres ordenanzas do Concello da Coruña, cando debería recollerse, tamén se contén no caso doutras ordenanzas aprobadas definitivamente e que figuran publicadas no BOP doutros días.

 

O BNG denuncia que o PP omitiu no BOP a posibilidade de recorrer as últimas ordenanzas aprobadas