O acordo do Goberno municipal relativo ao Conde de Fenosa, unha "chapuza impresionante"

O acordo do Goberno municipal relativo ao Conde de Fenosa, unha "chapuza impresionante"

A Coruña, 6 de outubro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG advirte de que o acordo da Xunta de Goberno Local de onte ao aprobar a non esixencia de dotación de aparcamentos ao edificio Conde de Fenosa é unha manifesta ilegalidade e se aparta totalmente do resolto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e polo propio Tribunal Supremo.

O Goberno municipal adopta este acordo en base o estabelecido no artigo 6.6.6.1.d) do PXOM de 1998, que en ningún momento ampara a exención de prazas de aparcamento nas obras de rehabilitación integral (como é o caso do edificio Conde de Fenosa), na medida en que para este tipo de obras de rehabilitación integral o PXOM aplica as esixencias de obras de nova planta. A excepción que se recolle no citado artigo do PXOM de 1998 (*) non ten nada que ver coa situación do edificio Conde de Fenosa, que é o resultado dunha rehabilitación integral, con cambio de uso e con ampliacións de volume e superficie. A interpretación da normativa urbanística polo Goberno municipal non é desde o punto de vista xurídico máis que unha reserva de dispensación, nula de pleno dereito, e desde o punto de vista político, unha chapuza disparatada.

Pero é que, ademais, este acordo do Goberno Local se fundamenta en argumentos que xa foron expresamente rexeitados polo propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Na súa Sentenza de 20 de decembro de 2001 (que se achega como anexo), o Tribunal Superior de Xustiza, en relación sempre co tema da esixencia ou non de dotación de prazas, declaraba expresamente o seguinte no seu Fundamento de Dereito Sexto: “Respecto de las plazas de aparcamiento no puede ser aceptado el argumento de que en las rehabilitaciones no se exige su dotación, obligatoria en las Ordenaciones Uniformes de Manzana Compacta, Manzana con Patio, Bloques Aislados y Vivienda Familiar en Ciudad Jardín. Como ya se indicó en el tercero de los precedentes fundamentos, la propia ordenación de Manzana Compacta prevé la necesidad de adaptación a sus normas en las sucesivas actuaciones en los edificios existentes, que obviamente será en lo físicamente posible. Por otra parte no hay nada en el expediente sobre que concurran circunstancias especiales en la zona, o en el tráfico que por ella discurre, para eximir de la obligación de contar con aparcamiento. Podría alegarse que ya se han previsto como plazas de aparcamiento todos los espacios del sótano en los que tal destino es posible, y que en los dedicados a otro usos no es factible el aparcamiento de un automóvil. Pero en la Memoria del Proyecto lo único que se dice es que se rebajó la solera en algunos puntos y se cambió la posición de la rampa de acceso para el mejor y más cómodo aprovechamiento de la planta; y la mención de que en ella se ubican 72 plazas de garaje y 76 trasteros no va acompañada de explicación alguna sobre que el lugar que ocupan los últimos no se pueda dedicar a aparcamiento. Esto es lo que tenía que haberse justificado, y no la disposición, indeterminada, de plazas de garaje en otro edificio. En consecuencia también por esta causa la concesión de la licencia ha de estimarse contraria a derecho”.

O BNG considera un disparate xurídico que o goberno municipal pretenda ampararse nunha fraudulenta interpretación da normativa urbanística que xa foi rexeitada polo TSXG.

E todo isto, apuntan os nacionalistas, nun proceso xudicial en que o Goberno municipal suple en todo momento a actuación de Martinsa-Fadesa, o principal responsábel desta desfeita e a quen corresponde executar a sentenza nos seus xustos termos, cunha actividade caracterizada desde o principio polas presas e polo aforro de custes económicos á propia sociedade Martinsa-Fadesa (lémbrense os ditames externos contratados de proxectos de execución da sentenza).

 

 

(*)"en zonas cuxas características do soporte viario, da tipoloxía arquitectónica ou das condicións de accesibilidade e aparcamentos públicos da área, non sexa necesario ou poida supoñer lesión para o medio ambiente ou imaxe urbana, caberá a non esixencia da dotación de prazas, previa aprobación da Comisión Permanente".

O acordo do Goberno municipal relativo ao Conde de Fenosa, unha "chapuza impresionante"