"A proposta de mudanza do PXOM sobre o Parque da Agra que se traia ao Pleno de maio ten que ser distinta á actual"

Captura de pantalla 2026-04-09 113654
Avia Veira, durante o Pleno

A candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, reaccionou na súa conta en X á retirada por parte do Goberno Local da modificación puntual do PXOM no polígono “Parque da Agra” da orde do día do Pleno de abril.

"A proposta de mudanza do PXOM sobre o Parque da Agra que se traia ao Pleno de maio ten que ser distinta á actual"

“Hoxe demostrouse que o voto do BNG é decisivo. O Goberno Local quita da orde do día un cambio do PXOM na Agra co que non estabamos de acordo nin no fondo nin na forma: pola falta de diálogo. A proposta do pleno de maio ten que ser distinta á que se pretendía aprobar hoxe”, escribiu Veira en X.

Demostrouse que o voto do BNG é decisivo, como afirma Veira, porque o Goberno Local retirou da orde do día a mudanza do PXOM ao constatar que non ía ter o apoio do Bloque á modificación puntual nos termos en que se ía levar a este Pleno.

No proceso que agora se abre, o BNG desde logo, a partir da participación da veciñanza, vai defender unha modificación puntual distinta á que o Goberno Local pretendía aprobar hoxe.

"A proposta de mudanza do PXOM sobre o Parque da Agra que se traia ao Pleno de maio ten que ser distinta á actual"