Grazas ao BNG, a modificación do PXOM sobre o Parque da Agra vaise facer dándolle voz á veciñanza
O Goberno Local retirou da orde do día do Pleno de abril a modificación puntual do PXOM no ámbito do polígono M22 “Parque da Agra” após acordar co BNG tramitala por medio dun proceso en que se lle dará a voz á veciñanza do barrio.
Acórdase crear unha mesa específica de traballo para a tramitación da aprobación inicial da modificación puntual do PXOM co obxecto de ordenar o parque do Agra, polígono M22, para a execución da sentenza número 620/2015 e darlle efectividade ao convenio asinado entre o concello e Dricar de inversiones SL.
A mesa de traballo facilitará a participación da veciñanza a través das entidades veciñais representativas da Agra do Orzán, co obxecto de compartir con elas a planificación urbana deste ámbito.
Os traballos vanse realizar durante o mes de abril para abordar a tramitación da aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no pleno ordinario do mes de maio.