O CONVENIO É NULO E O ESTADO TEN QUE SE FACER CARGO DA REHABILITACIÓN DO EDIFICIO

Celebramos o fallo da Audiencia sobre o antigo cárcere ao confirmar as nosas teses

Antigo cárcere da Coruña
O grupo municipal do BNG celebra o fallo da Audiencia Provincial sobre o antigo cárcere ao confirmar que, tal e como sempre defendeu a formación nacionalista, convenio asinado no seu día entre o Concello e o Estado é nulo e ao establecer que a restauración do inmóbel, en estado ruinoso, ten que correr a cargo do Estado, como tamén sempre sostivo o Bloque.
Celebramos o fallo da Audiencia sobre o antigo cárcere ao confirmar as nosas teses

“Cómpre lembrar que un Pleno extraordinario realizado en decembro de 2022 rexeitou o acordo extraxudicial negociado polo Goberno Local co Estado. Nesa sesión plenaria, o BNG naturalmente votou en contra dese acordo por implicar un desembolso económico para o Concello”, afirma a nosa portavoz no Concello Avia Veira.

Naquel acordo extraxudicial, o Goberno Local comprometíase a pagarlle ao Estado 2,3 millóns de euros. 

Non só iso: no acordo o Estado tampouco se comprometía a restaurar o edificio. Ou sexa, o Concello ía pagar 2,3 millóns de euros por unha ruína cuxa restauración, de acordo con algunhas estimacións, podería roldar os 30 millóns de euros.

 

 

Celebramos o fallo da Audiencia sobre o antigo cárcere ao confirmar as nosas teses