AVIA VEIRA VAI LEVAR O ASUNTO AO #PLENOXUÑO DO VINDEIRO XOVES 11X
3 anos despois de caducar a concesión, o Goberno Local continúa sen dar unha solución á piscina municipal de Santo Amaro
“Que solución de presente e de futuro ten pensada o Goberno Local para afrontar a situación da concesión da piscina municipal de Santo Amaro?”, así reza a pregunta oral que Veira lle dirixirá ao Goberno de Inés Rey.
A realidade é que desde maio de 2023 o Executivo coruñés se limitou a deixar pasar o tempo. “Hai 3 anos xa desde que venceu a concesión e o Goberno Local sabe que o Club do Mar levaba anos asumindo o déficit que implicaba a xestión da piscina”, denuncia a portavoz nacionalista. “O Goberno Local do PSOE non ofrece ningunha solución nin para o presente nin para o futuro desta concesión”, engade.
Cómpre lembrar que o Club do Mar é unha entidade sen ánimo de lucro, sostida por máis de 7.000 socias e socios e con 90 anos de historia. “E cómpre lembrar tamén que hai moitas familias cuxos traballos dependen desta concesión e que en setembro teñen que convocarse os novos cursos de natación”, remarca.
“Polo tanto, é necesario dar unha resposta urxente a esta situación e iso precisamente é o que lle reclamamos ao Goberno Local”, conclúe Veira.