PREGUNTA ORAL NO #PLENOABRIL

Jorquera quere saber cal é a situación económica do Concello

Conferencia de prensa Jorquera achegas Coruña Marítima. 3 de abril de 2025
Jorquera, durante unha conferencia de prensa
Na sesión de control do Pleno deste xoves, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vaille formular unha pregunta oral ao Executivo coruñés sobre a situación económica do Concello.
Jorquera quere saber cal é a situación económica do Concello

Jorquera rexistrou esta iniciativa após distintas informacións xornalísticas ligar a recente renuncia do Goberno Local ao mundial 2030 a unha suposta delicada situación económica do Concello.

“Queremos que se nos esclareza este asunto. Queremos saber cal é realmente a situación económica do Concello e como pensa actuar o Goberno Local ao respecto”, afirma Jorquera.

Jorquera quere saber cal é a situación económica do Concello