O Goberno municipal non é capaz de xustificar a denegación dun espazo no Concello para reunións
A Coruña, 9 de setembro de 2013.- O Goberno local non foi capaz na sesión plenaria de hoxe de xustificar a denegación de usos de locais comúns por parte dos grupos da oposición, ante a pregunta oral do BNG, evidenciando, deste xeito, que o Goberno do Sr. Negreira emprega o Pazo de María Pita dun xeito sectario, excluínte e privativo.
Xosé Manuel Carril lembrou, na súa intervención, que é a terceira vez que o goberno local non nos permite aos grupos da oposición ter reunións conxuntas con colectivos específicos en locais da corporación municipal, cando na nosa condición de concelleiros podemos facer uso dos mesmos no exercicio das nosas funcións. Nas dúas últimas ocasións denegounos un espazo para mantervos reunións co comité de empresa de Albada, que vostede se nega a recibir, a diferenza doutros comités de empresa que si foron recibidos por vostede. Para o Goberno Local debe haber comités de empresa bos e malos, en función de quen sexa a empresa.
E a seguir preguntou, o voceiro nacionalista, o Goberno do sr. Negreira en que se amparaba para tal decisión, lembrándolles o que di o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, no seu artigo 28, que leva por título Usos de locais da corporación polos grupos políticos das Corporacións locais,
1. Los grupos políticos podrán hacer uso de locales de la Corporación para celebrar reuniones o sesiones de trabajo con asociaciones para la defensa de los intereses colectivos, generales o sectoriales de la población.
2. El Presidente o el miembro corporativo responsable del área de régimen interior establecerán el régimen concreto de utilización de los locales por parte de los grupos de la Corporación, teniendo en cuenta la necesaria coordinación funcional y de acuerdo con los niveles de representación política de cada uno de ellos.
3. No se permitirá este tipo de reuniones coincidiendo con sesiones del Pleno o de la Comisión de Gobierno.
A continuación salientou, Carril, que este artigo non ten nada que ver co que figura no artigo 27 da mesma norma sobre Medios persoais e materiais dos grupos políticos das corporacións locais, e ao que fai alusión nos escritos de resposta o Goberno municipal ante a solicitude dos grupos políticos da oposición, que di: En la medida de las posibilidades funcionales de la organización administrativa de la entidad local, los diversos grupos políticos dispondrán en la sede de la misma de un despacho o local para reunirse de manera independiente y recibir visitas de ciudadanos, y el Presidente o el miembro de la Corporación responsable del área de régimen interior pondrá a su disposición una infraestructura mínima de medios materiales y personales. E así o deixa moi claro, entre outras, unha sentenza do Tribunal Supremo de 6 de novembro de 2006 (RJ 2007/631), cando afirma que artículo 28.2 del Real Decreto 2568/1986 ( RCL 1986, 3812 y RCL 1987, 76) circunscribe el uso de locales que contempla a la celebración de reuniones con asociaciones para la defensa de los intereses colectivos, generales o sectoriales de la población, mientras que el artículo 27 habla de la adscripción permanente de despachos o locales para reunirse independientemente los grupos de concejales y para recibir a los vecinos, subliñou o nacionalista.
Mentres os grupos da oposición eran tratados como clandestinos, Jove e Collazo entraban radiantes, triunfantes e ledos polas portas de María Pita
Por último, Carril, concluiu, non sei que argumentos vai dar o Goberno Local ao respecto, mais desde logo está facendo un uso exclusivo e excluínte dos locais da Corporación municipal, pensando que son só seus. Deben pensar que o Pazo de María Pita é un coto privado para uso e goce só dos seus e amizades. Pero o máis triste e indignante de todo isto foi precisamente o que pasou na maña do pasado xoves: control e vixiancia policial para os representantes políticos da cidadanía e portas abertas de par e par para os grandes promotores urbanísticos da cidade. Así, mentres grupos da oposición tiñamos a sensación de sermos clandestinos polos corredores do Concello (isto é, no lugar no que exercemos o labor para o que nos escolleron), dado o dispositivo policial que nos vixiaba por estarmos reunidos cos representantes dos traballadores de Albada, resulta que os Señores Jove e Collazo entraban nun Pazo de María Pita coas portas abertas de par en par ledos, triunfantes e radiantes. E non é de estrañar, visto o agasallo dos máis de 9 millóns de euros que lle vai facer o Sr. Negreira. Así son as cousas. Man dura e sectaria ás maiorías sociais que lle levan a contraria e man xenerosa e agarimosa ás elites económicas da cidade