UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA PARA O #PLENOXULLO DESTE 11X

Facémonos eco das queixas de persoas usuarias sobre o carril bici

Avia Veira BiciCoruña.
Avia Veira
A concelleira do BNG Avia Veira -responsábel de Mobilidade no grupo municipal nacionalista- vai levar ao Pleno do vindeiro venres as queixas de persoas usuarias sobre o estado do carril bici.
Facémonos eco das queixas de persoas usuarias sobre o carril bici

A concelleira do BNG Avia Veira -responsábel de Mobilidade no grupo municipal nacionalista- vai levar ao Pleno do vindeiro venres as queixas de persoas usuarias sobre o estado do carril bici.

“Unha cousa son os grandes titulares sobre o uso da bicicleta dos que gusta tanto a alcaldesa e outra cousa moi distinta é a realidade dunha infraestrutura básica para a mobilidade da cidade como é o carril bici. Desa realidade falaremos no Pleno”, avanza Veira.

Tramos do carril bici sen rozar -con vexetación que os inhabilita para a circulación- ou outros que dificultan  tanto a convivencia cos peóns como cos coches -con xiros particularmente perigosos para a integridade dos ciclistas-debuxan unha realidade non exenta de problemas que o Goberno Local ten que abordar, remarca Veira.

“Son moitas as queixas de persoas usuarias que nos chegan ao grupo municipal sobre o estado desta infraestrutura, queixas que nos falan de situacións que poñen en risco a integridade das e dos ciclistas e que desde logo non animan a máis persoas a se uniren a BiciCoruña”, argúe.

No que vai de mandato, o BNG tense interesado por cuestións moi diversas das políticas de mobilidade, desde as relacionadas co necesario reforzo do transporte público até as que teñen a ver co dereito dos peóns a transitar sen problemas pola cidade.

 

 

 

Facémonos eco das queixas de persoas usuarias sobre o carril bici