O Goberno Local cría por fin o Consello da Lingua Galega, proposta do BNG que facía parte do Acordo de Investidura

WhatsApp Image 2025-07-07 at 14.19.13
Un momento da xuntanza da Comisión en que se tomou coñecemento da creación do CLLG.
Dando cumprimento ao artigo 30 da Ordenanza do Galego, o Goberno Local cría por fin o Consello Local da Lingua Galega, unha vella reivindicación do BNG que facía parte do Acordo de Investidura.
O Goberno Local cría por fin o Consello da Lingua Galega, proposta do BNG que facía parte do Acordo de Investidura

O asunto volveuno levar o BNG ao Pleno o pasado mes de xuño cando a nosa concelleira Mercedes Queixas denunciou que ficaban por desenvolver dous elementos básicos da Ordenanza do Galego -unha normativa aprobada polo Pleno en xuño de 2021 por impulso do BNG e co voto contrario do PP-. Un deses elementos era a aprobación do Plano de Normalización Lingüística. O outro, a posta en marcha do Consello Local da Lingua Galega.

“Celebramos que por fin o Consello Local da Lingua Galega vaia ver a luz. Levábamos moito tempo insistindo moito nesta cuestión”, resalta Francisco Jorquera.

Fica aínda pendente a aprobación do PNL

A proposta da Alcaldía de creación do Consello Local da Lingua Galega e das súas normas de funcionamento foi hoxe á Comisión de Economía e Facenda, Planificación Urbana e Administración Xeral, sen que o asunto precise pasar polo Pleno.

Consello Económico e Social

Este mesmo luns, a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de regulamento do Consello Económico e Social, asunto que irá ao Pleno do vindeiro venres 11 de xullo.

A creación do CES é tamén unha vella reivindicación do BNG e a súa institución foi aprobada polo Pleno en decembro de 2020, hai xa logo 5 anos.

Naquela altura, o Pleno instaba o Goberno Local a crear o CES e a que este elaborase un Plano de Desenvolvemento Económico da cidade e da comarca.

A creación do CES facía parte igualmente do Acordo de Investidura.

 

O Goberno Local cría por fin o Consello da Lingua Galega, proposta do BNG que facía parte do Acordo de Investidura