Preguntamos polo asolagamento de varios tramos do carril bici
É inxustificado que un carril implementado recentemente, ou en proceso de implementación, quede totalmente inutilizado coa choiva e impracticábel precisamente para os vehículos para os que está deseñado
Sinalabamos no seu momento que a articulación do carril bici se facía sobre un modelo que segue a primar a circulación do vehículo privado, por tanto, sobre calzadas que non están adaptadas; non chega con sinalizar horizontalmente e colocar bolardos reservando espazos. Insistimos en que se cambie o concepto global sobre o que traballa o Goberno municipal en mobilidade e se tomen medidas concretas cara un novo modelo, comezando por un transporte público útil, por espazo público accesíbel para os peóns, por modernizar a ordenanza de circulación, por poñer en marcha campañas de concienciación e por outras medidas complementarias
Video do asolagamento do carril bici vía Asociación de Ciclistas "Crunia"
Video do asolagamento do carril bici (vía Asociación de Ciclistas "Crunia")
Video do asolagamento do carril bici (vía Asociación de Ciclistas "Crunia")
Para cando estará sinalizado o carril compartido da rolda de Outeiro?
Solicitamos aclaracións ao Goberno municipal a respecto da seguridade viaria no novo ciclocarril da rolda de Outeiro
Presentamos unha iniciativa para a súa resposta por escrito sobre a falta de sinais indicativos de tráfico no novo viario compartido e tamén pola anchura do carrilbici do outro sentido da circulación
O mapa de liñas do bus urbano para a cidade segue no limbo
Denunciamos que o Goberno local segue sen tomar decisións en materia de mobilidade: comprometeuse a presentar publicamente o 10 de abril o novo mapa de liñas de autobús, xa vai un mes do cumprimento dese prazo e nada sabemos
A Marea Atlántica incumpriu fragrantemente o seu programa electoral en materia de mobilidade e máis concretamente o punto 32 no que prometía a reordenación da mapa de rutas de autobús urbano, ademais da priorización de paso mediante plataforma reservada (carril bus) e a mellora de accesibilidade en paradas
O concelleiro de Mobilidade Díaz Grandío terá que explicar en Pleno por que non ten presentada aínda a proposta de novas rutas para o transporte público da nosa cidade
Dous anos de mobilidade inmóbil na Coruña
0 metros de carril bus, 0 metros de carril bici, 0 liñas de autobús renovadas, 0 prazas en aparcamentos disuasorios, os mesmos coches na Cidade Vella e a concesión á Compañía de Tranvías prorrogada: ese é o balance en materia de mobilidade logo de 2 anos de Goberno municipal da Marea Atlántica
Vimos de sinalar, esta mañá en rolda de prensa, que a única mobilidade promovida polo Goberno local foi a dos seus membros polo Estado español e polo mundo mais ningunha medida en materia de transporte e de espazo público que beneficie ao conxunto das coruñesas e dos coruñeses
Para nós, as medidas en materia de mobilidade deberían ser prioritarias e polos efectos que podería ter sobre a cidade: na vida da xente, que podería moverse con máis facilidade e en menos tempo mais tamén sobre a súa saúde, sobre o medio ambiente e sobre o comercio