O documento do PXOM colgado na web do Concello é erróneo

O documento do PXOM colgado na web do Concello é erróneo

A Coruña, 4 de setembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o documento do PXOM que o Goberno do Sr. Negreira colgou na web do Concello é erróneo, xa que os planos de ordenación non incorporan as modificacións aprobadas en Pleno e que se contiñan no informe municipal.

No anexo II deste informe aprobado en Pleno recollíase unha serie de “erros” a corrixir no documento. Precisamente, o BNG xa alertara de que o documento que se aprobou en Pleno non incorporaba estas correccións. Así, o BNG critica que o Goberno local colgue agora na web os planos de ordenación dilixenciados, mais sen incorporar as correccións aprobadas en Pleno. Isto significa que o documento do PXOM subido á web non é o aprobado en Pleno.


O documento do PXOM colgado na web do Concello é erróneo