O BNG ve "un contrasentido" na creación do Grumir, que só responde a un capricho político do PP
A Coruña, 4 de setembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a creación dun Grumir no Concello da Coruña non ten ningunha xustificación técnica e que responde a un capricho político do PP para "colocar" os seus amigos pola porta de atrás. Os nacionalistas lembran que A Coruña conta cun dos mellores Servizos de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) de Galiza.
O Grupo Municipal do BNG explica de que o Goberno do Sr. Negreira pretende crear un Grumir (grupo de intervención pensado para Concellos de menos de 20.000 habitantes) con persoal contratado por seis meses, dos que tres meses serán destinados a cursos de formación.
Nesta liña, os nacionalistas consideran un despropósito que o PP pretenda substituír persoal con anos de experiencia e de formación por persoal temporal. E é que, tal e como alertaron os representantes dos traballadores, o persoal contratado ao abeiro desta subvención da Xunta de Galiza non poderá subrogar o seu contrato, xa que, do contrario, caeríase nunha irregularidade.
Pola outra banda, o BNG advirte da confusión que provocaría na contar con dous servizos de emerxencias diferentes e advirte tamén do risco que suporía que o Grumir intervise nun sinistro que non for quen de atender, perdendo un tempo que podería ser aproveitado polos profesionais do SEIS.