Avia Veira, sobre o falido concerto de El Último de la Fila en Riazor: "Nova mostra de falta de rigor, seriedade e total improvisación"

Captura de pantalla 2026-04-22 141527
Aspecto do interior do estadio
En relación ao falido concerto de El Último de la Fila no estadio de Riazor, a candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, opina que “o Goberno de Inés Rey volve mostrar neste asunto o seu estilo característico: falta de rigor, falta de seriedade e total improvisación”.
Avia Veira, sobre o falido concerto de El Último de la Fila en Riazor: "Nova mostra de falta de rigor, seriedade e total improvisación"

“Desde o BNG queremos transparencia -sobre todo tendo en conta as miles de persoas que mercaron entradas”, afirma Veira, quen rexistrou un feixe de preguntas por escrito.

Así, o BNG quere saber en que momento solicitou o promotor do concerto o uso do estadio de Riazor e se o fixo antes ou despois de comezar a venda de billetes.

Veira inquire o Goberno Local se no momento das negociacións tivo a previsión de barallar escenarios alternativos perante a hipótese de o Dépor ter que xogar o play off de ascenso a Primeira División.

“Que alternativas se están a contemplar?”, cuestiona Veira, quen alerta de que aínda a día de hoxe a plataforma de venda de billetes sitúa o concerto no estadio de Riazor.

Avia Veira, sobre o falido concerto de El Último de la Fila en Riazor: "Nova mostra de falta de rigor, seriedade e total improvisación"