O Sr. Negreira avala a incompatibilidade da concelleira de Cultura en relación á súa minicentral
A Coruña, 10 de setembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG considera irresponsábel que o Goberno do Sr. Negreira avale que a concelleira de Cultura incorrera nunha incompatibilidade ao desempeñar o cargo de conselleira en Minicentrales Bouza Vella, S.L. ao tempo que contaba co réxime de dedicación exclusiva como edil, e omitindo tal cargo na súa declaración de bens.
Ante a pregunta formulada polo portavoz do BNG no Concello, Xosé Manuel Carril, sobre a incompatibilidade de Fernández, o Sr. Flores mentiu e aseverou que todo el Gobierno cumple la legalidad. Carril desmontou as falacias do PP dando conta de todo o proceso en que está inmiscuida a concelleira de Cultura.
Así, explicou que o pasado 28 de agosto a Xunta de Goberno Local acordou, en sesión extraordinaria, aprobar un convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Concello da Coruña e EMALSA para a xestión e explotación da presa en Cecebre. Carril citou a cláusula quinta deste convenio: «O concello da Coruña e a sociedade EMALSA comprométense a acordar a solución máis favorable para a coordinación e realización dos intereses dos titulares dos dereitos concesionais outorgados ao propio Concello e á sociedade Minicentrales Eléctricas de Galicia, S.L.». Da literalidade desta cláusula, evidénciase que o Concello, EMALSA e Minicentrales Eléctricas de Galicia van explotar conxunta e coordinadamente o encoro de Cecebre, en que a concesión do seu aproveitamento eléctrico está en mans de Minicentrales Eléctricas, concesión que sigue vixente na actualidade, destacou.
Segundo a acta da sesión da Xunta Xeral de Socios de Minicentrales Bouza Vella, de 28 de xuño de 2012, a concelleira participou en calidade de socia e administradora
Analizada o documentación que figura no Rexistro Mercantil, resulta que o o 60 por cento do capital social de Minicentrais Eléctricas de Galicia pertence a Fergo Galicia, empresa matriz do hólding da familia da actual concelleira de Cultura. Unha das empresas deste hólding é a sociedade Minicentrales Bouza Vella, S.L., na cal o 41,8 por cento é de Fergo Galicia e o 16,6 por cento da concelleira de Cultura, puxo de manifesto Carril.
O nacionalista destacou que, segundo o Rexistro Mercantil e segundo a acta da sesión da xunta xeral de socios de 28 de xuño de 2012 de Minicentrales Bouza Vella (acta que achegamos coa nota), a concelleira de Cultura figura como socia e administradora, participando, ademais, en tal Xunta en calidade de socia e administradora.
A concelleira omitiu os seus cargos na declaración de bens e intereses
Carril sinalou que nada disto consta no apartado quinto, relativo a actividades ou ocupacións mercantís ou industriais na declaración de bens da concelleira de Cultura, colgada na páxina web do Concello (que pode comprobarse na seguinte ligazón http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Helpers/VisualizarContenido&cid=1221125604001&idContenido=1333415496125).
Só se nomea, no apartado relativo a accións e participacións, que é socia de Cumieira, S.L. e de Minicentrales Bouza vella, S.L. con 83 participacións, mais omitiu o desempeño efectivo do cargo de administradora. Trátase dun societario que, aínda que non sexa retribuído, é incompatíbel coa dedicación exclusiva como concelleira da Corporación, lembrou.
A concelleira non solicitou compatibilidade co exercicio do cargo de administradora da sociedade Minicentral Bouza Vella
Á vista dos datos, expuxo Carril, é evidente que a concelleira non solicitou compatibilidade co exercicio do cargo de administradora da sociedade Minicentral Bouza Vella, a diferenza doutros membros do seu goberno que fixeron no seu día o que correspondía para evitar a incompatibilidade (Martín Fernández Prieto, por exemplo).
A actividade privada da Sra. Fernández (a de conselleira dunha sociedade) é incompatíbel co desenvolvemento retribuído do seu cargo como concelleira con dedicación exclusiva, como sinala o art. 75.1 da Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local.
A concelleira non se abstivo, e votou a favor, na aprobación do convenio para a xestión e explotación da presa en Cecebre
Tamén denunciou Carril que a concelleira de Cultura, na sesión da Xunta de Goberno Local do día 28 de agosto, non se abstivo, e votou a favor na aprobación do convenio para a xestión e explotación da presa en Cecebre. Trátase dun convenio que, tal e como figura redactado, afecta a unha sociedade pertencente a membros da súa familia directa e ao mesmo grupo empresarial que a sociedade da cal ela é administradora, advertiu. Isto, a diferenza doutros membros do seu Goberno, que se teñen abstido cando correspondía polos temas tratados (Rosa María Gallego Neira, por exemplo). E todo isto, a pesar do que din o artigo 76 da Lei 7/1985, de base de Réxime Local, e o artigo 28 da Lei 30/1992, en materia de abstención, explicou.
Carril finalizou a intervención afirmando que a lexislación administrativa é moi clara ao respecto e sinala que tales actuacións darán lugar a responsabilidade. Que vai facer o Goberno Municipal? Vaille pedir, por exemplo, que devolva o cobrado durante a situación de incompatibilidade en que incorreu?. A resposta do Goberno local: avalar as irregularidades de Ana Fernández
Artículo 75.
1. Los miembros de las Corporaciones locales percibirán retribuciones por el ejercicio de sus cargos cuando los desempeñen con dedicación exclusiva, en cuyo caso serán dados de alta en el Régimen general de la Seguridad Social, asumiendo las Corporaciones el pago de las cuotas empresariales que corresponda, salvo lo dispuesto en el artículo anterior.
En el supuesto de tales retribuciones, su percepción será incompatible con la de otras retribuciones con cargo a los presupuestos de las Administraciones públicas y de los entes, organismos o empresas de ellas dependientes, así como para el desarrollo de otras actividades, todo ello en los términos de la Ley 53/1984, de 26 de diciembre , de Incompatibilidades del al Servicio de las Administraciones Públicas.
Artículo 76.
Sin perjuicio de las causas de incompatibilidad establecidas por la Ley, los miembros de las Corporaciones locales deberán abstenerse de participar en la deliberación, votación, decisión y ejecución de todo asunto cuando concurra alguna de las causas a que se refiere la legislación de procedimiento administrativo y contratos de las Administraciones públicas. La actuación de los miembros en que concurran tales motivos implicará, cuando haya sido determinante, la invalidez de los actos en que hayan intervenido.
Artigo 28
1. Las autoridades y el personal al servicio de las Administraciones en quienes se den algunas de las circunstancias señaladas en el número siguiente de este artículo se abstendrán de intervenir en el procedimiento y lo comunicarán a su superior inmediato, quien resolverá lo procedente.
2. Son motivos de abstención los siguientes:
A) Tener interés personal en el asunto de que se trate o en otro en cuya resolución pudiera influir la de aquél ser administrador de sociedad o entidad interesada, o tener cuestión litigiosa pendiente con algún interesado.
B) Tener parentesco de consanguinidad dentro del cuarto grado o de afinidad dentro del segundo, con cualquiera de los interesados, con los administradores de entidades o sociedades interesadas y también con los asesores, representantes legales o mandatarios que intervengan en el procedimiento, así como compartir despacho profesional o estar asociado con éstos para el asesoramiento, la representación o el mandato.
3. La actuación de autoridades y personal al servicio de las Administraciones Públicas en los que concurran motivos de abstención no implicará, necesariamente, la invalidez de los actos en que hayan intervenido.
4. Los órganos superiores podrán ordenar a las personas en quienes se dé alguna de las circunstancias señaladas que se abstengan de toda intervención en el expediente.
5. La no abstención en los casos en que proceda dará lugar a responsabilidad.
O Goberno local seguirá facéndolle o xogo ás operadoras de telefonía sen importarlle os intereses dos veciños e veciñas
No que respecta á pregunta formulada polo BNG sobre a distancia de seguridade das antenas de telefonía a zonas sensíbeis, como colexios, hospitais, parques ou centros de maiores, o Goberno local sinalou que seguirá actuando en base ao que dita a ordenanza municipal. E isto que existe unha sentanza do Contencioso Administrativo do TSXG que anula os artigos 25 e 26 da ordenanza. Ademais, existen sentenzas posteriores do Tribunal Constitucional e do Supremo que avalan as demandas do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, segundo explicou o nacionalista.
O BNG, lembrou Caxigal, demandoulle ao Goberno do Sr. Negreira a paralización na concesión de licenzas de telefonía mentres non se adapte a ordenanza e esta e garanta a salvagarda dos espazos sensibeis, ademais de instar a esixirlle ás compañías de telefonía que cumpran os plans de implantación e que se localicen en lugares onde un menor impacto causen. Con todo, nos últimos meses, temos constatado o incremento e a acelaración no proceso de concesión de licenzas para instalación de antenas de telefonía. E isto, malia a preocupación coa que son acollidas pola cidadanía, como puido comprobarse, recentemente, nos Rosais, apuntou.
O nacionalista pediulle ao Goberno local que protexa os dereitos da cidadanía, e non aos das operadoras, que consideran que a defensa deses dereitos cidadáns son un obstáculo para os seus intereses mercantilistas. Por último, lembrou que diferentes sentenzas ditan o estabelecemento dun réxime de distancias (que é competencia municipal) e que lles corresponde ás operadoras demostrar que as distancias son irracionais ou excesivamente limitadoras respecto da explotación do servizo.
O Goberno do Sr. Negreira culpa o tecido veciñal da non celebración de festas nos barrios de Novo Mesoiro, Palavea, Barrio das Flores, Os Rosais, O Castrillón e Monte Alto
No que respecta á pregunta oral presentada pola concelleira María Xosé Bravo para coñecer os motivos que levaron o Goberno local a denegarlle apoio institucional a determinados barrios para celebrar as tradicionais festas que viñan desenvolvendo nos últimos anos, o Goberno do Sr. Negreira culpou, directamente, as asociación de veciños da non celebración das romarías.
Bravo, que criticou na súa intervención que non lle respondese a concelleira de Cultura, agochándose tras o portavoz do Goberno local, cualificou as festas veciñas como espazo de cohesión e convivencia que, desde hai entre 15 e 10 anos, se celebran con moi pouco esforzo orzamentario. Denunciou que malia a importancia das festas, este ano de Novo Mesoiro, Palavea, Barrio das Flores, Os Rosais, O Castrillón e Monte Alto quedaron sen elas debido ao sectarismo do PP.
A historia é a mesma: cando os veciños e veciñas presentan os proxectos, dáselles a calada por resposta. Onde está a concelleira de Cultura, e as concelleiras de barrios, ninguén dialoga con estas asociacións porque son moi reivindicativas. Están mandándolles unha mensaxe de que deben ser mudas, caladas e submisas se queren recibir o que, en xustiza lles corresponde?, cuestionou Bravo. Recibir e conceder subvencións a quen aplaude é un síntoma de caciquismo, advertiu.
A concelleira do BNG acusou o PP de limitar a participación social á presentación de proxectos municipais apara poder logo sacar a foto o Sr. Negreira co brazo por enriba dalgún veciño.